A Biblioteca Pública Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro está a desarrollar accións de dinamización lectora ao longo do ano, dirixidas especialmente ao lector infantil e xuvenil, de modo que fomentemos o hábito da lectura entre os xóvenes. Intentamos os seguintes obxectivos:
o Educar na lectura e descubrila como necesaria para mellorar as destrezas lingüísticas
o Fomentar o hábito da lectura entre os nenos
o Achegar aos lectores á biblioteca como lugar adecuado para a lectura e o estudio diario
Para acadar estes obxectivos, programamos actividades de animación lectora como a que vai ter lugar o vindeiro xoves día 3 de decembro. Trátase da presentación dun libro titulado “A terra do medio”, do autor Xosé Vázquez Pintor.
A presentación farase pola mañá e pola tarde. Na primeira sesión (11:20 – 12:10 horas) participarán os alumnos da ESO do Colexio Público de Rodeiro. Pola tarde ás 18:00 horas terá lugar a sesión para todos aqueles que desexen asistir a unha viaxe literaria.