Skip to main content
Novas

Enrédate

By 1 Xaneiro, 1970No Comments

O xoves 10 de setembro comezarán as novas actividades do programa Enrédate, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universiaria, coincidindo co comezo das clases no CPI.
Estas actividades son:
– “Tardes de Lecer”, dirixida a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos. Tódalas tardes no CPI de Rodeiro, de 16:30 a 20:30. Realizarán diversos talleres para fomentar o desenvolvemento das súas capacidades, autoestima e creatividade.
– “Pitágoras” e “Enrédate nas Tic’s” actividades dirixidas a rapaces e rapazas de 3º ciclo de primaria e da ESO. Dirixidas a traballar as competencias en matemáticas e novas tecnoloxías, respectivamente.
– “Aula de reforzo educativo”, para rapaces e rapazas con problemas para acadar os obxectivos académicos da súa etapa. Traballaranse hábitos de estudo e motivación. Para informarse sobre estas actividades acudir ó CPI ás 16:30 ou chamando ó teléfono 986790009 (preguntar por educadora).
Estas actividades desevolveranse no CPI de Rodeiro en horario non lectivo, tendo como obsectivo xeral axudar á conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais de Rodeiro, así coma traballar para disminuír o fracaso escolar e o abandono prematuro dos estudos.
Dende o Concello queremos agradecer especialmente a colaboración da dirección do CPI na organización deste proxecto e na súa posta en práctica.

Leave a Reply