Skip to main content
Novas

Plan Termal “Depotermal 2018″ – Deputación de Pontevedra

By 27 Marzo, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

Obxecto

O Plan Termal da Deputación de Pontevedra “Depotermal 2018” pon en marcha dous programas termais cun total de 4.000 prazas.

  1. Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos.
  2. Programa termal con pernocta (de domingo a venres).

Beneficiarias do plan termal, requisitos e documentación a presentar:

Persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  1. Nacer antes do 1 de xaneiro de 1968 (acreditarase cunha fotocopia do  DNI ou do NIE).
  2. No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter a condición de
    pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións (achegarase unha fotocopia do certificado correspondente)
  3. No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao  de discapacidade igual ou superior ao 65 %, que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
  4. Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante un informe do traballador/a social dos servizos sociais comunitarios básicos.
  5. Programa de asistencia diaria

Consiste en pasar cinco días consecutivos (de luns a venres), en quenda de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares, da provincia de Pontevedra, incluíndo os traslados en autocar, con guía acompañante dende os concellos de orixe ata ó establecemento escollido e viceversa.

  1. Programa termal de pernoctación en réxime de pensión completa:

Ofrece unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Establecementos ofertados para desenvolvemento do programa:

Hotel SPA Nuevo Astur , Hotel SAP Carlos I Silgar  e Gran Talaso en Sanxenxo, Hotel Louxo La Toja, Hotel SPA Vía Argentum en Silleda, Hotel Balneario Termas de Cuntis e  Baños da Brea en Vila de Cruces

Lugar de presentación e prazo:

Para información e trámite de solicitudes achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Rodeiro

O Prazo e inscrición de participantes permanecerá  aberto ata o día 18 de abril de 2018