Skip to main content
Novas

Designación do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar

By 13 Marzo, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

De conformidade co establecido na Base 5ª do proceso selectivo, a Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 07/03/18, acordou, a proposta do alcalde, designar como membros do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar ás seguintes persoas:

PRESIDENTA

Titular: María Lara Hermida Fernández, traballadora social do Concello.

Suplente: Natalia Salgado Rodríguez, traballadora social do Concello.

VOGAIS

Titular: Ana Belén Rodríguez Pérez, educadora familiar do Concello.

Suplente: María Elena Jorge Mato, educadora social do Concello.

Titular: Inés Vence Lamas, mestra do Punto de Atención á Infancia (PAI).

Suplente: Alfonso Doval Cidre, técnico informático do Concello.

SECRETARIO

Titular: José María Novo Ramos, secretario do Concello.

Suplente: Francisco Javier Lamazares García, administrativo do Concello.

Faise público para xeral coñecemento e aos efectos de alegar polas aspirantes admitidas ao proceso selectivo a eventual concorrencia nos membros designados dos motivos de abstención ou recusación sinalados no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (LRXSP).