O Concello de Rodeiro resultou beneficiario dunha subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro do Plan Marco: mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR DE Galicia 2014-2020.
O proxecto obxecto de subvención denomínase “Proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións na Ponte (Pedroso), Fornas (S. Salvador), Barbeitos (Negrelos) e o Carballo (Álceme). Este proxecto conta cun importe de investimento de 104.702,51 €, sendo o importe da axuda 86.531,00 €.