O Concello vai participar por cuarto ano consecutivo no programa de escolas deportivas provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra, ofertando as seguintes modalidades deportivas:
- Fútbol
- Balonmán
- Patinaxe
As actividades están dirixidas a nenos/as con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos e desenvolveranse entre os meses de outubro de 2016 e maio de 2017 en instalacións de titularidade municipal.
A iniciativa é completamente gratuíta para os participantes e o prazo inicial de inscrición remata o mesmo día do inicio das actividades. Para elo os interesados deberán cumprimentar a correspondente folla de inscrición segundo o modelo que se adxunta. Porén, o prazo permanecerá aberto durante todo o curso escolar condicionado a existencia de prazas vacantes.