Plan de Alimentos 2020

Por 29 Xuño, 2020 Novas

O Concello de Rodeiro abre o prazo para realizar a solicitude de acceso ao Plan de Alimentos 2020 para aquelas persoas e unidades familiares que cumpran os requisitos de acceso fixados nas Bases Reguladoras para o acceso ao Plan de Alimentos Procedentes do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), aprobadas en Xunta de Goberno Local a 20 de febreiro de 2013.

Beneficiarios/as: aquelas persoas e unidades familiares residentes no Concello de Rodeiro que se atopen nunha situación de precariedade económica e de especial vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.

Requisitos económicos: a unidade familiar non poderá superar mensualmente os seguintes ingresos:

Membros da unidade familiar Ingresos máximos
1 411,45 €
2 477,28 €
3 532,14 €
4 576,03 €
5 619,92 €
6 663,81€

Dos ingresos mensuais totais da unidade familiar serán deducibles os gastos de aluguer ou hipoteca, así coma gastos fixos de electricidade, auga, gas, medicacións, etc.

Solicitudes e prazo de presentación: as solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello e o prazo estará aberto todo o ano.

Información: para recibir máis información sobre este programa e a súa solicitude, poden dirixirse ao Servizo de Educación Familiar (teléfono de contacto 986790185).

Para ser atendidos/as presencialmente é preciso solicitar cita previamente por teléfono.

Solicitude plan alimentos 2020 (pdf)