O Concello de Rodeiro anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a provisión, mediante o sistema de concurso de valoración de méritos, do seguinte posto de traballo:
Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
Tipo de contrato: contrato laboral temporal, modalidade de interinidade, a tempo completo (37,5 h/semana).
Prazo de presentación de instancias: sete días naturais, contados a partires do seguinte ao da publicación deste anuncio.
Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Rodeiro, ou a través do trámite “instancia xeral” da sede electrónica municipal https://rodeiro.sedelectronica.gal/, ou a través de calquera medio admitido legalmente.
As persoas interesadas poderán consultar as Bases do procedemento de selección e obter os formularios de presentación de candidaturas nas oficinas da Casa do Concello e na páxina web municipal www.rodeiro.gal.
O prazo de presentación de candidaturas remata o día 3 de xullo (venres)
Anexos: