
O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do grupo de teatro Os Quinquilláns o vindeiro venres 18 de agosto ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Por que é salgada a auga do mar?”. É un espectáculo teatral onde por fin descubriremos o verdadeiro misterio de por qué é salgada a auga do mar. Tamén nos levará polo fondo mariño para ver cómo están as especies. Está destinado a todos os públicos.
Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.