Dende o 11 de agosto está aberto o prazo para a tramitación das becas de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artísticas e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros.
O prazo de presentación remata:
O 3 de outubro para estudos non universitarios
O 17 de outubro para universitarios
A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/inicio.html Nesta web atópase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso ás mesmas.
Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación pódense dirixir ao servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal,
Tfno. 986790185