O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Odaiko o vindeiro venres 25 de agosto ás 20:00 horas na Praza da Travesía da Clínica. Presenta o seu espectáculo “Verán miúdo”.
Espectáculo de música recomendado para todos os públicos.
Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2023 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.