O Concello de Rodeiro pon en marcha de novo este programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroada no noso concello.
Este actividade está cofinanciada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante o curso escolar unha vez rematada a xornada lectiva para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
O programa dará comezo o 11 de setembro ata o 21 de decembro de luns a venres en horario de 16:20h. a 20:20h. de luns a xoves e os venres de 13:50h. a 17:50h.
Aberto prazo de inscripción ata o día 4 de setembro, incluido. Fóra dese prazo poderanse inscribir nenos e nenas de quedar prazas libres.
Ofértanse 30 prazas.
Na folla de inscrición indicarase os días da semana que vai acudir cada participante.
Dado que existen prazas limitadas, priorizarase ás unidades familiares monoparentais e/ou con mulleres en situación de vulnerabilidade e, en segundo lugar, a aquelas familias nas que ambos proxenitores traballen.
O prezo por participar nas actividades fixarase en base á ordenanza de actividades educativas e irá dende os 20€ aos 40€ en función das horas de asistencia mensuais, con deducións para 2º irmán, familia monoparentais, numerosas, rendas baixas e outras circunstancias especiais.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.