O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Odaiko o vindeiro venres 27 de agosto ás 20:00 horas na Praza do Concello. Presenta o seu espectáculo “Tempos modernos”.
Espectáculo recomendado para todos os públicos.
Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2021 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.