Skip to main content
Novas

Axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C, á mocidade galega inscrita no sistema nacional de garantía xuvenil

By 18 Agosto, 2021No Comments

Obxecto.-

Regular e convocar para o ano 2021, axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C, por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía das axudas.-

  • 400 € para a obtención do permiso de condución de clase B
  • 650 € para o permiso de clase C

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para ambos permisos.

Persoas destinatarias e requisitos.-

Persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

  1. Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.
  2. Estar empadroadas na CA de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  3. Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Estar matriculadas nunha autoescola da CA de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

Documentación.-

Solicitude (anexo I) presencial ou tramitación en liña, coa seguinte documentación:

  1. O xustificante que acredite estar matriculado/a nunha autoescola no momento de presentar a solicitude, no caso de non estar xa en posesión do/dos permiso/s de conducir obxecto da solicitude. O xustificante deberá indicar a modalidade de permiso/s de condución obxecto da matrícula.
  2. O/os certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 5, no caso de que a última variación do padrón sexa inferior a un ano.

Lugar de presentación

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Prazo

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 13 de setembro de 2021.