
O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Odaiko percusión o vindeiro martes 21 de decembro. Serán dúas sesións: a primeira, ás 12.00 horas no Colexio público de Rodeiro, e a segunda, ás 20.00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Batucada”.
Espectáculo recomendado para todos os públicos.
Esta actividade é financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.