Este vindeiro sábado 16, ás 18:00h., actuación da compañía teatral aAntena que vai representar a obra “Golpes”, dentro das actividades do Día Internacional da violencia contra a muller que se van desenvolver este mes de novembro.
“Golpes” é unha peza teatral contra a violencia machista dirixida por Xosé Leis e protagonizada pola actriz Estíbaliz Veiga, na que da vida a Pamela, una moza que sufriu violencia machista e nos conta como foi a súa vida, a súa relación, os “GOLPES” que recibiu.
É un espectáculo directo e cercano que xoga co impacto directo da posta en escena e a través do que se trata de previr a desigualdade dende onde nacen as relacións, a adolescencia.
Obra para público adolescente e adulto.
Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” sábado 16 ás 18:00h.