O vindeiro 21 de novembro celebrarase una xornada formativa relacionada coa alimentación, deglutición e nutrición en persoas con dano cerebral adquirido (DCA). Está formación será impartida por una logopeda e una terapeuta ocupacional da Asociación Dano Cerebral Galicia.
Está dirixida fundamentalmente a persoas traballadoras de servizos de atención a persoas en situación de dependencia e/ou con discapacidade, familiares e persoas coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido.
Horario: de 16:00h. a 20:30h.
O lugar de realización será o salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.
Para inscribirse pódese realizar directamente a través do código QR do cartel axunto. Para máis información: 986790185 (Ana, educadora familiar) ou no correo educadora@rodeiro.gal.
Espedirase diploma acreditativo emitido pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.