Con data 4 de agosto do corrente, o Sr. alcalde procedeu a dictar unha resolución pola que confire delegacións especiais aos seguintes concelleiros :
– Don Manuel Hermida Cidre : educación, cultura, mocidade e participación cidadán.
– Don José Luís Camiñas Vázquez : urbanismo, traballo e medio rural.
– Don Manuel García Deza : servizos básicos (comprendendo a totalidade dos enumerados no artigo 26.1 a) da LRBRL) e protección civil.
– Dona Begoña Vázquez López : igualdade, benestar social, sanidade e innovación.
– Don Horacio Ferradás García : deportes (incluídas as infraestruturas deportivas), medio ambiente, economía, facenda, industria e comercio.