Skip to main content
Novas

“O espertador” .Programa de actividades para persoas maiores

By 21 Novembro, 2013No Comments

A partir do mes de decembro poñerase en marcha no Concello de Rodeiro un plan de actividades gratuíto dirixido ao mantemento da autonomía persoal e á promoción dun envellecemento activo.
Este novo proxecto será levado a cabo por unha terapeuta ocupacional e os/as beneficiarios/as serán todas as persoas maiores e aqueles adultos que presenten algún tipo de discapacidade.

Lugares de Celebración: Unha vez á semana nos diferentes locais sociais de Asperelo, Guillar, San Salvador e Santa Baia e no ximnasio de Rodeiro.
Datas de comezo:
Asperelo: Luns 2 de decembro
Guillar: Martes 3 de decembro
Rodeiro: Mércores 4 de decembro
San Salvador: Xoves 5 de decembro
Santa Baia: Venres 13 de decembro

Horario:
11:30 – 12: 30: Xerontoximnasia
12:30 – 13:30: Talleres de Memoria e Destreza Manual.

Inscrición:
A través do teléfono 986790185 de 10:00 a 14:00h. Preguntar por Iria.
A data límite será o 2 de decembro. (Prégase a confirmación de asistencia mediante inscrición para poder realizar as actividades o máis axeitadas posible ao número de participantes).
Aínda que se recomenda participar nas dúas actividades propostas para cada día, poderase acudir de forma independente a cada unha delas.

Máis información en: educadora@rodeiro.gal

Leave a Reply