Un ano máis o Concello de Rodeiro coorganiza, xunto coa Federación Galega de Deportes de Inverno (FCDI) e a Asociación de Cans Deportistas (ACADE) unha competición de mushing, nas modalidades de canicross, bikejoring e carros e triciclos. Dita competición é puntuable tanto para a Copa de España como para a Liga Galega de Canicross/Bikejoring. As probas terán lugar o vindeiro domingo día 3 de marzo no seguinte horario :
11:00 Saída Canicross
12:00 Saída Bikejoring
12:30 Saída popular de Carros e Triciclos
13:30 Entrega de trofeos
A saída e chegada das probas realizarase no casco urbano de Rodeiro, nas proximidades da rotonda da estrada de Oseira.
Dende o Concello anímase a veciños e visitantes a que acudan a presenciar este deporte innovador que conxuga á perfección o esforzo coordinado dos corredores e ciclistas cos seus cans.