O Concello de Rodeiro, co ánimo de dar a coñecer aos veciños do Concello e de promover esa nova ruta de peregrinación a Santiago de Compostela que en parte discorre polo noso Concello, vai organizar dentro da programación das actividades de sendeirismo do ano 2013 a realización do Camiño de Inverno dende Ponferrada a Santiago de Compostela. O camiño realizarase ao longo de cinco fins de semana, un por mes, entre os meses de marzo e xullo do corrente, coas seguintes datas e etapas :
1ª ETAPA :
– 23 de marzo : Ponferrada-Médulas
– 24 de marzo : Médulas-Sobradelo
2ª ETAPA :
– 20 de abril : Sobradelo-A Rúa
– 21 de abril : A Rúa-Quiroga
3ª ETAPA :
– 25 de maio : Quiroga-Monforte de Lemos
– 26 de maio : Monforte de Lemos-Chantada
4ª ETAPA :
– 29 de xuño : Chantada-Rodeiro
– 30 de xuño : Rodeiro-A Laxe (Lalín)
5ª ETAPA :
– 13 de xullo : A Laxe (Lalín)-Ponte Ulla
– 14 de xullo : Ponte Ulla-Santiago de Compostela