Skip to main content
Novas

O domingo 18 de marzo iníciase o Programa de Rutas de Sendeirismo polo Concello co percorrido pola Ruta do Faro

By 6 Marzo, 2012No Comments

O vindeiro domingo día 18 de marzo iníciase a programación anual das rutas de sendeirismo polo Concello co percorrido dun dos sendeiros máis emblemáticos de Camba, o PR-G 7 coñecido como “Ruta do Faro”, que discorre nunha distancia de 12,2 quilómetros pola serra do mesmo nome que constitúe a cota máis elevada do Concello e está incluída na Rede Natura. Dende a cima divísanse impresionantes vistas do Val de Camba e das comarcas limítrofes, pasando pola Ermida de Nosa Señora do Faro, de grande devoción en toda Galicia.

As características principais da actividade son as seguintes :

Día : 18 de marzo de 2012
Lugar de concentración : Diante da Casa do Concello
Hora : 9

Inscrición

Prazo : Ata o día 14 de marzo de 2012
Cota : 3 €
Pago : Conta do Concello de Rodeiro e Novagalicia Banco núm. 2080-5438-99-3110100047, especificando o nome e apelidos do inscrito e o concepto “sendeirismo”.
A inscrición dá dereito a avituallamento durante o percorrido, guía da organización, folleto informativo da ruta e desprazamentos i/v dende o lugar de concentración, de seren necesario a criterio da organización.
Ao remate da ruta sortearase un agasallo entre os participantes.

Leave a Reply