Skip to main content
Novas

Prestación económica do pagamento único por fillos menores de tres anos a cargo. Ano 2012

By 6 Marzo, 2012No Comments

A Xunta de Galicia co fin de paliar, na medida do posible, os gastos derivados dos primeiros anos de crianza dun fillo, estableceu deduccións da cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas polo nacemento de fillos. Sen embargo, non tódalas persoas teñen a obriga de efectuar dita declaración, e son estas precisamente, as de menor capacidade económica. A través desta liña de axudas directas de pago único por fillos menores a cargo, preténdese equiparar este colectivo de persoas, con aquelas que si gozan da correspondente dedución fiscal, sendo a contía establecida desta prestación de 360€.
Para máis información e formalización de solicitudes poden acudir á oficina de Servizos Sociais do Concello. Prazo máximo ata o 23 de marzo de 2012.

Na descarga asociada poderedes atopar os requisitos dos beneficiarios e a documentación necesaria.

Leave a Reply