Actividade financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O vindeiro mércores 13 de marzo, dentro das actividades programadas dende a Concellería de Igualdade para conmemorar o Día internacional da Muller, representarase o espectáculo “Non hai cousas de neno nin de nena, só de persoas”, a cargo da compañía Moc Moc espectáculos e animación.
A obra está dirixida ao público infantil, acudindo a ver a representación o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI de Rodeiro.
Este espectáculo de contacontos con monicreques de Kamishibai, teatro de papel xaponés, ten como obxectivo educar na igualdade e na diversidade dende idades temperás e dunha forma lúdica e comprensible para as crianzas.