Durante o período non lectivo correspondente ás vacacións de Semana Santa o programa Concilia continuará en horario de mañá de 09:00h. a 14:00h. para as crianzas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroadas no noso concello.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante todo o período non lectivo de vacacións de Semana Santa para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar nos tempos de vacacións dos menores unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
As actividades serán os días 25,26 e 27 de marzo e 1 de abril.
Horario: 09:00h. a 14:00h. nas instalacións do CPI de Rodeiro.
Ábrese prazo de inscripción dende o día 18 ata o 22 de marzo, incluído. Rematado este prazo, de quedar prazas libres, poderanse seguir inscribindo menores ata completar as 20 prazas ofertadas.
As actividades cobraranse en base á Ordenanza de servizos e actividades educativas por horas totais de asistencia programadas que se indicarán na folla de inscripción, podendo anotarse por días concretos.
Aqueles menores que xa participaron no programa Concilia só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.