O vindeiro venres 27 ás 22:00 terá lugar no centro cultural de Rodeiro unha mesa redonda que tratará o tema da violencia de xénero no medio rural. Participarán representantes de: Asociación de mulleres rurais Virxe do Faro, Asociación de mulleres Terras de Camba e Servizos sociais do Concello
Abordarase a problemática específica dos malos tratos no rural dende a perspectiva e coñecemento da realidade que teñen as asociacións de mulleres do noso concello.
Posteriormente abrirase un espazo de debate con tódol@s asistentes.