Skip to main content
Novas

Manifesto 25 de novembro

By 24 Novembro, 2009No Comments

O Concello de Rodeiro, en recordo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, manifesta públicamente a súa condena e repulsa ante calquera forma de violencia machista, así como tamén quere expresar a súa solidariedade coas víctimas e familiares das mesmas.
Entendemos que os malostratos á muller é un dos grandes problemas da nosa sociedade e para poder superalo é necesaria a colaboración de todas e todos: das institucións públicas, dos axentes sociais, asociacións… pero tamén da cidadanía. Por iso, nesta data facemos un chamamento a tódolos veciños e veciñas de Rodeiro para que denuncien os malostratos, para que apoien ás víctimas de forma incondicional e para que aposten por unha educación igualitaria, ferramenta fundamental para acabar coa lacra da violencia contra a muller.

Leave a Reply