O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do mago Martín Camiña o vindeiro venres 19 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Momentos de asombro”, que está cheo de intres fascinantes: cómo facer maxia nunha mudanza, a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción, o poder máxico da lectura ou cómo estar á moda co que xa teñamos pola casa…..son só algunhas das moitas aparicións de ilusións. Non taltan as manipulacións de cartas, cordas e mentalismo. Todo feito con comicidade, fondo musical e participación dos espectadores.
Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Máis información en: www.martinilusionista.com