O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 14 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. A artista Leo Leíño levará a cabo un espectáculo baixo o título de “Maxia cómica”. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2015, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.