Skip to main content
Novas

José Benito Vence Deza foi elixido novo alcalde do Concello

By 6 Xullo, 2009No Comments

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o sábado 4 de xullo de 2009, elixiu novo alcalde do Concello de Rodeiro a Don José Benito Vence Deza, cabeza de lista da candidatura electoral do PSdG-PSOE e, ata este momento, primeiro tenente de alcalde e voceiro do grupo municipal socialista. O candidato elixido obtivo seis votos fronte aos catro recibidos polo candidato do Partido Popular Don José Luís Fernández Fafián, rexistrándose ademais un voto nulo. Ambos candidatos foron os únicos que se postularon para a elección.

Leave a Reply