A Xunta de Galicia porá en marcha esta semana unha liña de axudas para os autónomos destinada á compra de ordenadores persoais nos que se instalarán ferramentas informáticas de software libre para fomentar o seu uso entre os beneficiarios. Hoxe martes darase por aberto o proceso para que os traballadores poidan solicitar estas achegas encamiñadas a facilitar o acceso dos empresarios á Sociedade da Información, das que podemos ter cumprida información na páxina web creada para informar desta liña de axudas.
Estas axudas serán xestionadas dende o punto de venda que se elixa.
Máis información: info@rodeiro.gal