Skip to main content
Novas

IX Concurso de Carteis Igualitarios

By 4 Novembro, 2019No Comments

Este concurso, que se desenvolve dende o ano 2011, é unha das actividades que se promoven dende o concello para sensibilizar á cidadanía en contra da violencia de xénero, así como dar visibilidade á problemática.

Invitamos a participar a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, tanto de forma individual como grupal e, moi especialmente, ás asociacións e colectivos sociais do Concello asi coma ás mozas e mozos do mesmo que nos gustaría que nesta edición nos amosasen a súa visión e compromiso con esta terrible realidade.  Trátase de reflexionar sobre esta grave problemática e amosar o noso total apoio ás vítimas como institución  e como sociedade.

Para a creación dos carteis só se establecen 3 pautas:

O seu tamaño máximo será en A3.

A idea que transmita busque loitar pola igualdade e rexeitar a violencia contra as mulleres.

A autoría do cartel non poderá quedar reflexada no mesmo para promover a obxectividade do xurado.

Os carteis poderán entregarse ata o venres 22 de novembro ás 14:00 h. no servizo de educación familiar do Concello. Tfno. 986790185. E-mail: educadora@rodeiro.org.

Animamos á participación nesta actividade, que terá como premio para o gañador/a a realización da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero no ano 2020, tal e como estamos a preparar co cartel gañador da anterior edición e que será presentada nos vindeiros días.

O 25 de novembro amosaranse os carteis publicamente e elixirase o gañador/a a través dun xurado.