
Comunícase para coñecemento xeral que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas acudirá a prestar servizo no noso Concello entre os días 18 de marzo e o 1 de abril de 2025 nos lugares e horarios que se sinalan a continuación:
Carboentes (campo da festa):
– martes día 18 de marzo
– mércores día 19 de marzo
– xoves día 20 de marzo
San Salvador (campo da festa):
– venres día 21 de marzo (só de mañá)
– luns día 24 de marzo
– martes día 25 de marzo
Rodeiro (Avda. Aviador Gumersindo Areán)
– mércores día 26 de marzo
– xoves día 27 de marzo
– venres día 28 de marzo (só de mañá)
– luns día 31 de marzo
– martes día 1 de abril
O horario será en todos os casos de mañá e tarde (de 09:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas) agás o 21 e o 28 de marzo que será só de mañá.
Poderán pedir cita previa no teléfono número 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com – cita previa.