Inspección técnica de vehículos agrícolas

Por 6 Febreiro, 2020 Novas

Comunícase para coñecemento xeral que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas acudirá a prestar servizo no noso Concello entre os días 19 e 27 de febreiro de 2020 nos lugares e horarios que se sinalan a continuación:

CARBOENTES (campo da festa):
– mércores día 19 de febreiro
– xoves día 20 de febreiro

SAN SALVADOR (campo da festa)
– venres día 21 de febreiro
– luns día 24 de febreiro

RODEIRO (Avda. Aviador Gumersindo Areán)
– martes día 25 de febreiro
– mércores día 26 de febreiro
– xoves día 27 de febreiro

O horario será en todos os casos de mañá e tarde (de 09:00 a 13:30  e de 15:15 a 18:00 hs)
Poderán pedir cita previa no teléfono número 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com.