Entre os días 17 e 24 de febreiro do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia do día 5 de abril de 2020.
Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello, achegando a ditos efectos o DNI ou documento oficial equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).
Recoméndase a todos/as os/as veciños/as (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello e aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 5 de abril.
Para calquera información relativa a dito proceso electoral poderán consultar o enlace https://www.xunta.gal/eleccions-ao-parlamento-de-galicia-2020.