Dende mañá, día 1, o e ata o domingo día 4 de maio volve a celebrarse Rodeiro de Tapas. Pretendemos que esta iniciativa se consolide para facer dela una ferramenta de promoción turística, comercial e de desenvolvemento.
O Concello ten abertas varias canles de comunicación nas redes sociais que se empregarán os días das rutas de tapeo para que tod@s teñades acceso a información relacionada e poidades seguir dende calquera lugar o seu desenvolvemento. https://www.facebook.com/RodeirodeTapas, http://instagram.com/rodeirodetapas#.
Estas son as tapas de caza que os nosos hotaleiros presentaron a concurso:
Restaurante Casa Achacán: Coulant de corzo agridoce
Taberna Bruxas e Coruxas: Briallos
Mesón O Guerra: Corzo con arandos, setas e piñóns
Os dous de sempre: Codorniu
Restaurante Casa Sánchez: Coulant de xabaril
Pub Gallaecia: Canelón de corzo
O Pub: Brocheta de coello na súa salsa
Nos locais que participan estarán dispoñibles as tarxetas de votación para o público que as probe e desexe participar no sorteo de 6 botellas magnum de Viña Pomal e 3 entradas ás Bodegas Bilbaínas en Haro (A Rioxa) que inclúen: visita guiada, cata de viños, aperitivo na bodega e regalo de recordo.