O vindeiro 8 de novembro celebrarase a I comida solidaria da Asociación Española contra o Cancro no Deza. O acto desenvolverase nas instalacións de Semana Verde (Silleda) e o menú terá un custo de 15€. As entradas poderán recollerse nos CIM da comarca, así coma nas oficinas da Fundación Semana Verde de Galicia ou no tfno. 616 182 320 ata o día 5 de novembro.
Ademais da comida, celebraranse diversos tipos de actividades coma sorteos de agasallos, baile,etc.
Os comerciantes do concello que desexen colaborar cedendo algún produto para o sorteo de agasallos poden porse en contacto coa organización no teléfono anteriormente citado ou tamén a través do servizo de educación familiar municipal.
Na descarga asociada poderedes atopar máis información acerca da comida solidaria.