Skip to main content
Novas

Hoxe pola tarde procederase á apertura das instalacións da piscina municipal de Rodeiro

By 5 Xullo, 2013No Comments

Logo da visita esta mañá dos técnicos da Consellería de Sanidade que ratificaron a idoneidade das instalacións para a súa reapertura, hoxe día 5 de xullo (venres), no horario de tarde, iniciarase a tempada de baño na piscina municipal de Rodeiro. O horario habitual de apertura das instalacións será de 12 a 14 horas da mañá e de 15,30 a 20,30 horas da tarde. Os luns e as mañás dos martes non se abrirá ao público por descanso do persoal.
Con motivo da apertura anual das piscinas establécense como xornada de portas abertas a primeira fin de semana (días 5, 6 e 7 de xullo, ambos incluídos), na que todos os usuarios poderán gozar das instalacións de xeito gratuíto sen abonar a correspondente taxa.
A partires do día 9 de xullo procederase ao cobro da taxa correspondente, unicamente aos maiores de quince anos segundo a ordenanza en vigor. Para máis información sobre a forma de adquisición das entradas e bonos poden consultar o documento anexo.

Leave a Reply