A partir do 16 de xullo ata o 31 de xullo o Concello de Rodeiro organiza unha serie de actividades dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos. Este prazo poderá ser ampliable a todo mes de agosto.
Entre as actividades que se celebrarán destacan os obradoiros (musicais, chuches saudables,…), taller multiculturais, actividades na natureza, aquapark,… sempre en horario de 16:00 a 20:00
A inscrición será no centro cultural “Manuel Lamazares” entre os días 8 e 12 de xullo.
O prezo das actividades será de 40€, con reducións por segundo irmán participante, familia numerosa e familia monoparental. Deberán inscribirse un mínimo de 10 persoas.