O Concello de Rodeiro, a través da concellaría de educación, comercio, turismo e patrimonio, pon en marcha esta iniciativa coa finalidade de dar a coñecer o potencial gastronómico do pobo de Rodeiro, dinamizar o sector hosteleiro local e incrementar o turismo.
A iniciativa foi posta en coñecemento dos hosteleiros na reunión realizada o martes día 14 de marzo, e esperase que teña boa acollida entre todos os membros do sector.
Na descarga asociada os hosteleiros interesados en participar poden atopar a folla de adhesión para o seu cumprimento electrónico.
Presentación: no rexistro xeral do Concello ou enviando a folla de adhesión debidamente cuberta ao mail aedl@rodeiro.gal.
Prazo de adhesión: ata o 20 de marzo.