Dende o luns día 2 de abril ata o mércores 4 desenvolveranse as actividade de Semana Santa. Terán lugar de 11:00 a 13:00 na biblioteca municipal. As actividades a relizar serán as seguintes: xogos de presentación, celebración do día internacional do libro infantil, bookcrossing, contacontos na biblioteca, realizar un conto entre todos, taller de manualidades (ovos de pascua), xogos tradicionais, deportivos, de cooperación, taller de maquillaxe infantil e globoflexia.
A partir de tres anos en adiante. As actividades serán gratuitas.
Todos aqueles que queiran participar deberán chamar ao teléfono 986 79 03 01 ou en biblioteca@rodeiro.gal