Skip to main content
Novas

Fátima Fernández en Rodeiro. Programa ler conta moito 2016

By 10 Maio, 2016Maio 8th, 2019No Comments
O bigote de Mimi

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 13 de maio ás 11:15 horas no Centro Cultural Municipal. Fátima Fernández levará a cabo un espectáculo baixo o título de “O bigote de Mimí”. A partir do libro O bigote de Mimí, de Manuel María, realizarase unha sesión de contacontos. Celebramos deste xeito o Día da Letras Galegas adicadas a este escritor. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.