Skip to main content
Novas

Consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións xerais do día 26 de xuño de 2016

By 6 Maio, 2016Maio 8th, 2019No Comments

Entre os días 9 e 16 de maio do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións xerais do día 26 de xuño de 2016.

Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello, achegando a ditos efectos o DNI ou documento oficial equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).

Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello e aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 26 de xuño.

Para calquera información relativa a dito proceso electoral poderán consultar o enlace http://www.interior.gob.es/es/informacion-electoral/elecciones-generales-2016