Skip to main content
Novas

Extracto dos acordos adoptados polo Pleno do Concello na sesión ordinaria celebrada o día 25 de abril de 2008

By 28 Abril, 2008No Comments

– Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.- Aprobouse por unanimidade.
– Creación da comisión informativa permanente de planeamento.- Aprobouse pola maioría de seis votos a favor (grupos municipais socialista e Independentes de Rodeiro), catro en contra (grupo municipal do Partido Popular) e unha abstención (grupo municipal mixto).
– Moción do grupo municipal mixto sobre arranxo definitivo da pista que comunica a rúa A de Rodeiro coa estrada Rodeiro-Río.- Aprobouse por unanimidade.
– Moción do grupo municipal mixto sobre apertura dunha pista que comunique a igrexa de Rodeiro co seu cemiterio.- Rexeitouse por seis votos en contra (grupos municipais socialista e Independentes de Rodeiro) e cinco a favor (grupos municipais do Partido Popular e mixto).
– Moción do grupo municipal do partido popular sobre o decreto de hábitat.- Rexeitouse a urxencia.

Leave a Reply