As listas cobratorias do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) de natureza rústica, urbana e de características especiais do exercicio de 2011 poranse ao dispor do público nas oficinas do Concello de Rodeiro, dende o día 1 de agosto ata día 2 de setembro, ambos inclusive, podendo presentar, no prazo dun mes, dende o día 3 de setembro ata o día 4 de outubro, ambos inclusive, as reclamacións procedentes perante a Dirección do ORAL.
O período de cobranza voluntaria do imposto será o comprendido entre os días 2 de agosto e 17 de outubro de 2011, ambos inclusive.