Skip to main content
Novas

Convocatoria pública para contratar a un técnico en orientación laboral

By 8 Agosto, 2011No Comments

Anunciamos a convocatoria pública para contratar a un técnico en orientación laboral. O obxecto do contrato será a realización de accións de información, orientación e busca de emprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas e mellorar as posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego.

Denominación do posto: técnico en orientación laboral.

Tipo de contrato: laboral de duración determinada por obra ou servizo determinado.

Período de contratación: ata o 31 de xaneiro de 2012.

Xornada: completa, de luns a venres. 37,50h semanais.

Salario: 1.829,76 € brutos/mes.

Prazo de presentación de candidaturas: ata o venres día 12.08.2011 (incluído).

Requisitos:

– Os xerais da Lei.

– Titulación mínima de diplomado universitario.

– Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos segundo o baremo establecido no artigo 9.1 da Orde do 31 de decembro de 2010 (DOG núm. 9, do 14.01.2011)

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude (modelo anexo) no rexistro xeral do Concello, debendo achegar DNI, currículo vitae e copia compulsada de todos os documentos acreditativos dos requisitos e méritos profesionais que poidan ser valorados de acordo co establecido no art. 9.1 da dita Orde do 31 de decembro de 2010.

Na descarga asociada poderedes atopar a baremación das solicitudes.

Leave a Reply