Hoxe, día 20 de Agosto comeza a exposición didáctica aves de Galicia. Durará ata o vindeiro 23 de Agosto e terá lugar na Casa da Cultura de Rodeiro.
A observación das aves no seu hábitat, o seu comportamento, a identificación do seu canto, etc constitúen actividades sinxelas, gratificantes e de aproximación á natureza.
Esta exposición permitirá achegar á poboación ao medio natural a través dun dos seus elementos máis chamativos e fáciles de observar: as aves
A través dun percorrido polos diferentes hábitats de Galicia, descubrirás as especies de aves máis características do noso territorio, as máis singulares, aprenderás a identificalas, ao mesmo tempo que desenvolver o interese pola natureza, descubres os seus valores e as súas ameazas, e desenvolves unha actitude responsable de cara á conservación do medio ambiente.
As persoas, asociacións ou grupos que desexen realizar unha visita guiada á exposición deben anotarse chamando aos teléfonos 986790009/986790185