Skip to main content
Novas

Apertura do prazo para a presentación de solicitude de praza no punto de atención á infancia do Concello de Rodeiro, curso 2012-2013.

By 7 Agosto, 2012No Comments

Serán usuarios/as do P.A.I municipal, os menores de idades comprendidos entre os 0 e os 3 anos, empadroados no Concello de Rodeiro e que logo do proceso de baremación, accedan a unha das dezaoito prazas ofertadas.

O custo de cada praza será de 60 € ao mes por neno/a , 30 € ao mes por segundo usuario/a membro da mesma unidade familiar e no caso dun terceiro membro, estaría exento/a de pago.
Este canon podería variar en contía ao longo do ano, segundo modificacións da normativa reguladora.

Documentación necesaria para o trámite:
• Impreso de solicitude asinado.
• D.N.I. dos membros maiores de 16 anos da unidade familiar.
• Tarxetas sanitarias dos pais ou titores e dos menores.
• Libro de Familia.
• Xustificación dos ingresos percibidos por tódolos membros da unidade familiar pertencentes ó ano 2011; ademais de Declaración do derradeiro exercicio do I.R.P.F. No caso, de non ter obriga de presentar Declaración da Renda , os solicitantes deberán achegar certificación negativa expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
• Certificado de empadroamento e convivencia.
• Outros documentos se procede , nos que consten incidencias familiares , económicas e sociais puntuables nos distintos baremos.
• Certificado médico do/a menor.
• Cartilla de vacinacións o día.

Para máis información e trámite de solicitudes, achegarse ao departamento de Servizos Sociais do Concello.

A data límite para a presentación de solicitudes será o día 24 de Agosto de 2012

Leave a Reply