Faise público para xeral coñecemento que ata o día 27 de agosto do corrente permanecerá exposto ao público no Concello o proxecto de mellora de camiños en varias zonas de reestruturación parcelaria na provincia de Pontevedra, co fin de que poida ser consultado por calquera persoa interesada e asemade poidan formular, de ser o caso e por escrito, as observacións e/ou alegacións que estimen convenientes en relación co citado proxecto.