O vindeiro 19 de maio, o Concello de Rodeiro realizará unha visita ás instalacións que a Sociedade Galega do Medio Ambiente ten en Cerceda.
Esta visita permitiralles a tódolos participantes coñecer de primeira man a planta de tratamento de residuos máis importante de Galicia e unha das máis importantes no seu sector a nivel estatal.
Coa realización desta actividade, animamos a todos os veciños e veciñas do noso municipio a profundar un pouco máis na xestión de residuos e a indagar no destino dos mesmos.
Aproveitando esta ocasión, realizaremos unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Este museo conta con numerosas coleccións e pezas de gran valor para a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente.
Os interesados en participar na actividade poderán realizar a inscrición ata o día 15 de maio nas oficinas municipais, por vía telefónica no 986790185 (Yolanda) e por vía electrónica no correo medioambiente@rodeiro.gal.